1 mayo 2024
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Linkedin
Crean un encontro internacional para dinamizar a lingua galega
Comparte   
26 Mar 2014 | 12:43h
Crean un encontro internacional para dinamizar a lingua galega
Un conclave de expertos galegos e internacionais daranse cita en setembro no marco dun encontro que ten como fin dinamizar a lingua propia. O foro Galician Language congregará en Compostela esta xuntanza de carácter investigador, que xorde ao abeiro dun convenio entre a Consellería de Cultura e o Consello da Cultura Galega (CCG), o quinto que asinan en materia de normalización lingüística.

Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer o galego en círculos académicos e de prestixio internacional, abordando temas como a situación sociolingüística ou as perspectivas de futuro do idioma. Os responsables de Cultura e do CCG, Xesús Vázquez Abad e Ramón Villares, anunciaron onte que se dará continuidade a este conclave a prol do galego que o vindeiro ano terá por sé Edimburgo.




O convenio de colaboración manexa un orzamento de 30.000 euros e contempla ademais outras actividades paralelas. Os contidos que resulten do citado encontro servirán de semente para a elaboración dun volume monográfico sobre o galego nunha revista científica de prestixio internacional.

Fuente: La Voz de Galicia