17 mayo 2024
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Linkedin
Economía e Industria presenta en Vigo unha iniciativa novidosa en Galicia: o apoio á creación de empresas TIC promovidas por mulleres
Comparte   
09 Dec 2011 | 09:42h
Economía e Industria presenta en Vigo unha iniciativa novidosa en Galicia: o apoio á creación de empresas TIC promovidas por mulleres
BIC Galicia e Ineo, a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías de Información e Comunicación, organizan o mércores 14 de decembro, en Vigo o Foro “Emprender e dirixir en feminino. A muller emprendedora e directiva na escea 2.0”.

No eido deste Foro, presentarase un novo programa para impulsar a creación de empresas TIC en Galicia lideradas por mulleres. A través desta iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria, analizarase se as mulleres teñen unhas necesidades especiais que fan que lles resulte máis difícil emprender e crearase unha estrutura baseada nas TIC e formada por unha Rede de Mentoras e axentes de dinamización que axuden a aumentar o número de empresas creadas por mulleres.




Durante a xornada do día 14, terán lugar exposicións, a cargo de expertas na materia, sobre a situación da muller no ámbito tecnolóxico en Galicia, sobre como comezar a emprender en feminino no mundo TIC e sobre exemplos de éxito e conciliación de vida laboral e familiar dende o liderado empresarial.

Contarase ademais coa participación de Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e con empresarias do sector como Patricia Araque, Presidenta e Cofundadora ELLAS 2.O e Pilar García‐Ceballos Zúñiga, directora xeral de INSA, que explicarán como comezar no mundo TIC e as dificultades ás que se enfrenta unha muller que quere poñer en marcha unha idea no entorno tecnolóxico.

Do mesmo xeito, as empresas Ayco Internet, Ultreia Comunicaciones e Imaxin Software contarán os seus exemplos de éxito poden inspirar a outras mulleres.

Presentación da Rede de Mentoras

Durante o Foro, Maite Cancelo, directora xeral de BIC GALICIA, presentará a chamada Rede de Mentoras, un instrumento impulsado por BIC Galicia dentro da súa Rede Mentoring para promover a creación de empresas TIC con mulleres á súa fronte.

Esta Rede estará conformada por mulleres do sector TIC de recoñecido prestixio, que prestarán a súa experiencia e asesoramento de calidade a mulleres que están iniciando os seus pasos no mundo empresarial e que necesitan dese pulo e dunha pequena guía estratéxica que lles permita poñer en marcha su idea.

A asistencia ao Foro e á presentación da Rede de Mentoras é gratuíta, previa inscrición na dirección de e-mail comunicación@ineo.org ou no teléfono 902 905 510.