17 mayo 2024
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Linkedin
GADISA REPARTIRÁ 2 MILLÓNS DE BOLSAS CUN POEMA DE LOIS PEREIRO E EDITARÁ 25.000 LIBROS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Comparte   
11 May 2011 | 23:48h
GADISA REPARTIRÁ 2 MILLÓNS DE BOLSAS CUN POEMA DE LOIS PEREIRO E EDITARÁ 25.000 LIBROS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
GADISA conmemora o Día das Letras Galegas achegando un poema de Lois Pereiro a miles de fogares en Galicia a través dun elemento da vida cotián, como as bolsas dos Supermercados Gadis. Tamén impulsará a lectura en lingua galega entre os adultos editando 25.000 exemplares dun orixinal libro que vincula Literatura e Cociña.

A empresa de distribución amosa o seu interese en dar a coñecer textos literarios nun formato diferente repartindo 2 millóns de bolsas dos Supermercados Gadis cunha representación da obra do autor homenaxeado este ano o 17 de maio, Lois Pereiro.




O poema elixido para contribuir a recoñecer a obra de Lois Pereiro é “Transmigración”, nuhna iniciativa que se repite tódolos anos debido a boa acollida por parte dos clientes.

Como novidade no 2011 e para reforzar a acción das bolsas difundindo a obra de Lois Pereiro, Supermercados Gadis de A Coruña, Santiago e Vigo serán esceario da lectura do poema “Entre amigos”.

Por outra parte, GADISA ven desenrolando unha importante actividade no fomento da lingua e literatura galegas nos últimos nove anos nos que, en total, editou 145.000 libros dirixidos a diferentes públicos (infantil, xuvenil ou adultos) ó fío do Día das Letras Galegas.

Nesta ocasión, editará 25.000 exemplares de “Cociñando ao pé da letra”, do que son coeditoras a poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. No libro, 21 escritoras e escritores contemporáneos galegos fan unha interpretación das súas receitas de cociña favoritas a través de distintos estilos e xéneros literarios.

Contos, poemas e diálogos teatrais no mundo da cociña conflúen en “Cociñando ao pé da letra” , que achega a creatividade culinaria ás Letras Galegas dun modo diferente e ameno. O libro regalarase en tódolos Supermercados Gadis de Galicia o 16 de maio ata fin de existencias por calquera importe de compra.

As iniciativas culturais que, de xeito puntual, se desenrolan ó fío do Día das Letras Galegas inclúense no programa de Responsabilidade Social Corporativa de GADISA xunto a outras de índole social, deportivo e de carácter solidario, que superan as 800 accións anuais das que unha meirande parte, un 47%, corresponden ó eido cultural.