2 mayo 2024
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Linkedin
Máis de 9,3 millóns de persoas visitaron Galicia no Ano Santo
Comparte   
08 Feb 2011 | 10:35h
Máis de 9,3 millóns de persoas visitaron Galicia no Ano Santo
No ano 2010 visitaron Galicia un total de 9.359.005
persoas, cifra que engloba dous perfís concretos da
demanda turística. Téñense en consideración, dunha
parte, os viaxeiros aloxados en establecementos
regrados e, doutra banda, os excursionistas, isto é,




aquelas persoas procedentes das provincias limítrofes
con Galicia –Asturias, León e Zamora–, así como os
estranxeiros que visitan a comunidade durante un só
día, sen pernoitaren.
Deste xeito, a cifra de viaxeiros aloxados en
establecementos regrados (hoteis, pensións,
apartamentos turísticos, acampamentos e casas de
Turismo Rural) que pernoitaron en Galicia durante o
Ano Santo 2010 ascendeu a 4.274.840 persoas. Preto
do 89% deste total de viaxeiros pernoitaron en
establecementos hoteleiros e o 11% restante fixérono
nalgunha das tipoloxías extrahoteleiras. Doutra banda,
os excursionistas cífranse nun total de 5.084.165
persoas.
As cifras anteriores resultan da estimación de
diferentes fontes de información: datos do INE; Enquisa
de Excursionismo que actualmente desenvolve o IET
Galicia; e FRONTUR (Movemento Turístico en
Fronteira), do Instituto de Estudios Turísticos de
Turespaña.
Galicia consolídase como a segunda comunidademáis dinámica e de
maior crecemento da demanda turística regrada no conxunto do Estado
Máis de 9,3 millóns de persoas
visitaron Galicia no Ano Santo
Fontes: INE, Enquisa de Excursionismo do IET
Galicia e FRONTUR do IET de Turespaña.
Datos de establecementos regrados (INE)
En total, durante o ano pasado rexistráronse en Galicia
preto de 4,3 millóns de viaxeiros e 9,7 millóns de
pernoitas nos diferentes establecementos de
aloxamento regrado. O incremento do volume de
viaxeiros aloxados en establecementos de oferta
regrada a respecto de 2009 é dun 11,4%. As pernoitas
tamén aumentaron un 9% respecto ao ano anterior. A
comparación respecto do último Xacobeo 2004 reflicte
subas do 4,3% máis no caso dos viaxeiros e do 5,1%
máis no das pernoitas.
Galicia consolídase así como a segunda comunidade
máis dinámica e de maior crecemento da demanda
turística regrada no conxunto do Estado. Esta
conxuntura turística de Galicia mellora o
comportamento global do sector a nivel nacional,
situándose a Comunidade en segundo lugar, por detrás
de Madrid, en termos de crecemento interanual.
O crecemento xeneralizado da demanda turística no
conxunto da oferta regrada é unha característica común
ás diferentes tipoloxías de aloxamento que conforman
este segmento do Turismo na comunidade. En
particular, rexístrase un incremento importante do
volume de viaxeiros tanto nos establecementos
hoteleiros como extrahoteleiros, en porcentaxes que
acadan o 13% nos hoteis e abeiran o 8,9% nas restantes
tipoloxías: pensións, apartamentos turísticos,
acampamentos e establecementos de Turismo Rural.