16 julio 2025
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Linkedin
INEO e BIC Galicia presentan en Vigo unha Rede de soporte para impulsar en Galicia a creación de empresas TIC lideradas por mulleres
Comparte   
16 Dec 2011 | 09:54h
INEO e BIC Galicia presentan en Vigo unha Rede de soporte para impulsar en Galicia a creación de empresas TIC lideradas por mulleres
Maite Cancelo, directora xeral de BIC GALICIA, e Lucía Gregorio, directora xeral de INEO, presentaron onte en Vigo unha Rede de soporte para impulsar en Galicia a creación de empresas de base tecnolóxica lideradas por mulleres. Foi durante o “Foro Emprender e dirixir en feminino. A muller emprendedora e directiva na escea 2.0”, celebrado onte pola mañá na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo e organizado por BIC Galicia e INEO.

Na actualidade, o 60% dos titulados universitario son mulleres e rematan os seus estudios con mellores expedientes académicos que os seus homólogos masculinos, pero só o 20% dos postos directivos son ocupados por mulleres; só 4 de cada 10 emprendedores son mulleres; só o 24% dos titulados no ámbito TIC é muller e delas só 1 de cada 3 se lanza á creación dunha empresa tecnolóxica malia que está demostrado estadísticamente que as empresas creadas por mulleres duran un 30% máis que as creadas por homes e sobreviven mellor á crise.




Con este contexto de fondo, e dentro do Foro, Maite Cancelo, directora xeral de BIC GALICIA e Lucía Gregorio, directora xeral de INEO, presentaron un novo programa para impulsar a creación de empresas TIC en Galicia lideradas por mulleres.

A rede de soporte será un instrumento impulsado por BIC Galicia e INEO para promover a creación de empresas TIC con mulleres á súa fronte. Esta Rede estará conformada por mulleres do sector TIC de recoñecido prestixio, que prestarán a súa experiencia e asesoramento de calidade a mulleres que están iniciando os seus pasos no mundo empresarial e que necesitan dese pulo e dunha pequena guía estratéxica que lles permita poñer en marcha su idea.

Representantes da Xunta e expertas na materia, as protagonistas do Foro
O “Foro Emprender e dirixir en feminino. A muller emprendedora e directiva na escea 2.0”, foi inaugurado por Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, un evento no que Edita de Lorenzo, Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, analizou a situación da muller no sector das novas tecnoloxías.

A continuación, interviron Patricia Araque, Presidenta e Cofundadora ELLAS 2.O e Marta Benéitez, directora de Servizos de INSA, que analizaron como se inician as emprendedoras no sector TIC e as dificultades ás que se enfrenta unha muller que pon en marcha unha idea no entorno tecnolóxico.

Do mesmo xeito, as empresarias Lourdes Sánchez (Ultreia Comunicaciones) e Luz Castro (Imaxin Software) expuxeron as súas experiencias na conciliación da vida laboral e familiar desde a creación e a lideranza empresarial.

O presidente de INEO, Jorge Cebreiros, a directora xeral de BIC Galicia, Maite Cancelo, e a Deputada por Pontevedra Irene Garrido foron os encargados de pechar o Foro.