03 Apr 2013 | 11:52h
La empresa Sargadelos aumenta su presencia internacional
Segundo explicou onte Xosé Díaz, a expansión pasa por ampliar a súa presenza no resto de España, pero principalmente no mercado latinoamericano, seguido do estadounidense e o europeo. Díaz avanzou que se traballa nun «novo portafolio de produtos», aínda que en realidade será unha internacionalización de carácter máis comercial, xa que un dos logros de Sargadelos foi formular creacións de atractivo universal a partir da identidade galega. «Converter o local en universal e valerte do que te singulariza, porque sen identidade non es ninguén», sintetiza Xosé Díaz.
Fuente: La Voz de Galicia.