07 Feb 2011 | 01:01h
Manuel Rivas e Kirmen Uribe convidados a participar no Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO en Bruxelas
Os escritores Manuel Rivas e Kirmen Uribe, ambos os dous autores de Xerais, foron convidados a participar, os días 7 e 8 de febreiro, nos actos de celebración do Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO na sala dos Dereitos Humanos en Bruxelas (unha cúpula da autoría de Miquel Barceló) onde impartiran cadanseu recital poético nas súas respectivas linguas maternas, galego e eúscaro, con acompañamento musical. Ademais, ambos os dous escritores participarán en diversos actos, encontros e conferencias. A viaxe inclúe unha visita á tumba e á casa de Borges, así como ao Museo de Rousseau.
Por outra banda, a editorial brasileira Tinta Negra (São Paulo) publica este mes de febreiro Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, o primeiro chanzo para a publicación da obra completa de Rivas, responsabilidade que asume esa editora para todo o Brasil.