14 julio 2025
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Linkedin
O Cluster contará co respaldo de Economía para desenvolver un plan de internacionalización
Comparte   
17 Jan 2012 | 10:25h
O Cluster contará co respaldo de Economía para desenvolver un plan de internacionalización
O Cluster TIC Galicia elaborará un plan de internacionalización específico para o sector galego das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións que contará co respaldo da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Esta foi unha das conclusións da reunión que mantiveron o pasado venres día 13 en Santiago de Compostela o conselleiro Javier Guerra Fernández e Gerardo Crespo Riestra, presidente do Cluster. Crespo comprometeuse a presentar un primeiro borrador do plan no prazo dun mes.

O titular de Economía e Industria confirmou tamén que desde o seu departamento o sector das Tecnoloxías de Información e das Comuinicacións é considerado “estratéxico”, e manifestou o seu apoio ao Cluster TIC Galicia.




Sobre o Cluster TIC Galicia

O Cluster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro destinada a vertebrar o macro- sector galego das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, un ámbito de actividade que representa o 2,15% do PIB da Comunidade Autónoma e 16.000 empregos directos. O Cluster traballa para poñer en valor o macro-sector TIC, impulsando a colaboración entre as empresas, coordinando os esforzos dos diferentes axentes para o impulso da innovación, a competitividade, a saída a novos mercados e a cooperación coas administracións e institucións. Nel intégranse empresas, asociacións empresariais e colexios profesionais.

Gerardo Crespo mantivera recentemente un encontro con Javier Aguilera, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que serviu para dar un pulo á colaboración entre ambas as dúas institucións. Nesa xuntanza acordouse a posta en marcha por parte do Cluster de iniciativas para promover o acceso das empresas TIC galegas ás oportunidades de financiamento que ofrecen os fondos de capital risco promovidos pola administración galega.