22 octubre 2019
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Linkedin
«Unha novela excepcional escrita por un autor excepcional»
Comparte   
17 Mar 2010 | 13:44h
«Unha novela excepcional escrita por un autor excepcional»
Hai apenas dúas semanas Manuel Rivas viaxaba até Londres para presentar a tradución ao inglés da novela Os libros arden mal (publicada en galego en 2006). As primeiras críticas non poden ser mellores. Un bo exemplo podémolo ler este venres no xornal The Independent, un dos xornais ingleses máis prestixiosos. Nas súas páxinas literarias, Amanda Hopkinson, profesora da Universidade de East Anglia, non dubida en cualificar a novela do escritor coruñés como «excepcional» e afirma que brilla con luz propia entre os innumerábeis textos literarios que teñen como asunto de fondo a Guerra Civil española.

Algunhas das críticas aparecidas até o momento desta edición en inglés poden lerse na rede:




The Independent, Amanda Hopkinson.

News.scotmans.com, Tom Adair.