24 Sep 2012 | 12:29h
Vigo acoge el I Foro del sector TIC gallego para la Innovación Empresarial
O primeiro grande encontro entre axentes do sistema galego de I+D, empresas do sector TIC e institucións públicas de Galicia. Así se define o I Foro do Sector TIC galego para a Innovación Empresarial, un evento que organiza INEO, Asociación Multisectorial TIC de Galicia, e que se celebrará o vindeiro mércores 26, de 10 a 14 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo.
Ricardo Capilla, Director Xeral da Axencia Galega de Innovación; José Manuel Fernández García, Xerente de IGAPE IP e Jorge Cebreiros, Presidente de INEO, inaugurarán este Foro, no que estarán representados os principais axentes do sistema galego de innovación, empresas do sector TIC e as institucións encargadas de impulsar o desenvolvemento económico e tecnolóxico de Galicia. O obxectivo: activar estratexias de innovación colaborativa, que impulsen a cooperación entre equipos de investigación, centros tecnolóxicos e empresas TIC para pór en marcha en Galicia proxectos de innovación nos que se desenvolvan novos produtos e servizos tecnolóxicos.
Programa de contidos
Trala inauguración, e en torno ás 10:20 horas, Javier Echávarri, técnico do departamento de Telecomunicaciones, Electrónica e Informática. Dirección de Mercados Innovadores Globales do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) exporá as Estratexias Nacionais de Innovación. Será a oportunidade para coñecer de primeira man as tendencias que marcarán a I+D dos vindeiros anos en España.
A continuación, en torno ás 10:50 horas, Pilar Morgade, Directora da Área de Crecemento e Valorización da Axencia Galega de Innovación, presentará as Estratexias Galegas de Innovación, un achegamento á realidade galega e aos plans de futuro para a I+D no noso territorio.
En torno ás 11:20 horas, será o momento de abordar a Vixilancia Tecnolóxica desde diversos puntos de vista, un aspecto que definirán Miguel Regueiro, Responsable de Contas de GRADIANT, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia; Sonia Pazos, Directora do departamento de Proxectos de Innovación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) e Carmen Iglesias, Responsable da Oficina de Proxectos e Calidade do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), da Universidade da Coruña. Estes centros serán os que lideren as mesas de traballo con empresas TIC e que iniciarán a partir das 12:30 horas.
Presentación dos resultados do Proxecto de Benchmarking Tecnolóxico
O Foro do Sector TIC galego do vindeiro mércores acollerá, ademais, a presentación das conclusións do proxecto de Benchmarking Tecnolóxico, desenvolvido por INEO para identificar as oportunidades tecnolóxicas máis destacadas no ámbito europeo e promover a creación dunha rede de intercambio de coñecemento que traslade estas oportunidades ao sector TIC de Galicia.
Lucía Gregorio, Directora Xeral de INEO, presentará ás 12:00 horas os resultados deste proxecto, co que se pretende impulsar a competitividade do sector TIC de Galicia e o seu posicionamento no mercado global.
A clausura do Foro terá lugar en torno ás 13:50 horas, e correrá a cargo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e de Jorge Cebreiros, Presidente de INEO.
La asistencia al foro es gratuita.